volver

1 v t Facer xirar algo cambiándoo de posición.
2 v t Poñer algo do revés.
3 v t Facer que algo ou alguén pase de ser dunha maneira a outra diferente.
4 v t Facer que algo ou alguén mude a outra cousa diferente.
5 v t Facer algo outra vez.
6 v t Ocorrer algo outra vez.
7 v t Devolver algo a alguén.
8 v i Retornar a un lugar onde xa se estivo ou de onde se partiu.
9 v pron Oporse a alguén.
10 v pron Volver + infinitivo Alterarse algo ou alguén de maneira progresiva pasando a ser doutro xeito.

Hello, it's me! Levaba 4.934 días sen pasar por aquí. Moitas cousas; un Erasmus, unha Séneca, dez mudanzas en oito cidades diferentes, doce traballos aquí e acolá, unha pandemia... Tremendo combo, se me preguntan. Canto durará isto de volver? Será só un recuncho para escapar da ditadura de Musk? Veremos en que queda o conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario